Reduce o estrés
Axuda a manexar as emocións conflitivas
Permítenos unha mellor conexión coas persoas
Aumenta a confianza e a autoestima
Axuda a tomar decisións
Mellora a saúde física e psicolóxica
O primeiro programa MBSR de Redución do estrés baseado na Conciencia Plena creouse hai 40 anos. Desde entón, millóns de persoas experimentaron os beneficios do Mindfulness.
O Mindfulness –que significa 'Conciencia Plena'–, é o camiño para acadar unha maior atención a un mesmo, ás demais persoas e ao mundo. Desta forma podemos adoptar maneiras de ser e de actuar máis positivas e eficaces, e desenvolver a nosa resiliencia.
Na práctica, o Mindfulness consiste nun adestramento mental centrado en aceptar a realidade tal e como é. Trátase de desenvolver a capacidade de manexar mellor as emocións aflictivas e difíciles.
Trátase de parar e de ver antes de actuar. Así, aprendemos a despregar comportamentos máis eficaces e adaptados aos acontecementos.
Os beneficios do Mindfulness baséanse nunha maior presenza e nunha mellor conexión coas persoas. Isto conseguímolo a través da empatía, a confianza e unha maior capacidade de establecer vínculos e relacións interpersoais.
O Mindfulness axuda á regulación emocional, á escóita, á comunicación e mesmo á toma de decisións. Gradualmente, obteremos maiores niveis de resiliencia, de benestar e de saúde física e psicolóxica.